2 de outubro de 2023

Preocupacións de hai 25 anos

Hai 25 anos as preocupacións eran ben distintas das actuais.

Por exemplo unha páxina enteira dun xornal podería dedicarse ao "efecto 2000".

O artigo comezaba falando sobre as demandas xudiciais que podían xurdir no ano 2000 debido aos posibles fallos informáticos. Mencionabase que nos Estados Unidos, os custos legais poderían duplicar ou triplicar os gastos de revisión de aplicacións informáticas, polo que en España podería dar lugar a uns 400.000 millóns de pesetas (se o pasas a euros ainda terás que ver o que se podía facer con aquel diñeiro daquela) en litixios e indemnizacións. Ofrecía consellos sobre como abordar posibles problemas, como chamar ao fabricante e pedir chips homologados para os ascensores múltiples dos grandes edificios ou centralitas, calefaccións ou sistemas de climatización de grandes edificios.

O artigo continúa falando sobre como o Goberno español podería abordar a avalancha xudicial que se esperaba para o ano 2000. Menciónase que o Estado de California estaba a elaborar normas que limitaban a responsabilidade das empresas sobre os fallos e que os de Nevada e Washington protexéranse contra as demandas dirixidas contra as súas propias administracións. As compañías aseguradoras xa comezaran a cubrirse as costas e ofrecían seguros para cubrir posibles fallos.

Finalmente, o artigo adéntrase na cuestión filosófica de cando realmente comezaría o terceiro milenio. Explícase que a discusión sobre se comeza no ano 2000 ou no 2001 ten a súa orixe nun erro cometido por Dionisio o Exíguo, un monxe do século VI encargado de calcular a cronoloxía do mundo e da cristiandade. 

Con todo, conclúese que se algo semellante a un apocalipse debía chegar co milenio, sería no 2000 debido aos posibles fallos informáticos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.