23 de xuño de 2023

Semana de xadrez en xuño

1. SEMANA DE XADREZ PARA RAPACES
Do luns 26 ao venres 30 de xuño.
Centro Comercial Los Rosales
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez de iniciación co temario de nivel 1 de AGAX (iniciación).
Consideramos que é recomendable para todos aqueles rapaces que non teñan claro como dar mate de rei e dous bispos ou que non saben que é unha enfilada.
Haberá material alternativos para os que xa coñezan os temas de cada clase.
Estes serán os temas de cada día
Luns
1: O xadrez e o taboleiro de xadrez.
2: As pezas e a súa colocación.
3: A torre e o alfil.
4: O peón.
5: O cabalo.
6: Control.
Martes
7: Mates sinxelos.
8: O mate de Torre.
9: Mate de dama.
10. Algúns mates. O mate pastor. O mate do tolo. 
11: Exercicios de mates sinxelos.
12: Control.
Mércores
13: O inicio da partida de xadrez.
14: O desenvolvemento das pezas.
15: Conclusión dos principios de aperturas.
16: As partidas curtas.
17: Algunhas aperturas coñecidas.
18: Control.
Xoves
19. O plan de xogo.
20: Algunhas posicións que hai que aproveitar.
21: Os xaques á descuberta.
22: A desviación.
23: A atracción.
24: Control.
Venres
25: O cadrado do peón.
26: A oposición.
27: As casas gañadoras.
28: Algúns finais de peóns.
29: Outros finais.
30: Control final.

Cota do curso: 50 euros
A actividade vai realizarse independentemente do número de anotados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.