Sen perder tempo, Joaquín e o seu can dirixíronse ao lugar. Ao chegar, atoparon unha mochila sospeitosa que alguén deixara abandonada nun recuncho da rúa. Non sabían o que había dentro, pero o seu instinto dicíalles que algo non ía ben.
Mentres intentaban averiguar o que había na mochila, un home misterioso achegouse a eles e díxolles:
- Nin se vos ocorra abrila sen resolver antes este acertixo-. E sen máis explicacións, deulles un papel e desapareceu no medio da multitud.
O papel dicía:
Teño un corpo sen vida, sen patas, sen brazos e sen ollos, pero aínda así pode moverme.
O acertixo era complexo, pero Joaquín era un home astuto e pensou ata dar coa solución. Grazas á súa intuición e habilidade, puideron resolver o acertixo e abrir a mochila desconectando uns cables e sen causar ningún dano. Sabes que buscou Joaquin?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.