20 de xuño de 2023

Actividades de Xadrez no CC Los Rosales

Estas son algunhas das actividades que temos previstas para este verán no Centro Comercial Los Rosales:

1. SEMANA DE XADREZ PARA RAPACES
Do luns 26 ao venres 30 de xuño.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez de iniciación co temario de nivel 1 de AGAX (iniciación).
Cota: 50 euros

2. TORNEO AMIGABLE FOGUEIRAS DE SAN PEDRO
Mércores 28 de xuño - 20,00 horas
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

3. SEMANA DE XADREZ E XOGOS
Do luns 3 ao venres 7 de xullo.
Horario: De 11,00 a 14,00
Unha semana de xadrez con xogos (xadrez, damas, mikado, dominó...).
Cota: 60 euros (inclúe un pequeno xogo de xadrez)

4. SEMANA DE ADESTRAMENTO
Do luns 3 ao venres 7 de xullo.
Horario: De 19,00 a 21,00
Unha semana de xadrez con unha hora de problemas de finais e outra hora de torneo amigable.
Cota: De balde

5. TORNEO DÍA MUNDIAL DO XADREZ
Xoves 20 de xullo - 20,30 horas
Torneo de partidas a 5 minutos
Cota: De balde

6. TORNEO DÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE
Sábado 12 de agosto - 17,00 horas
Torneo de partidas a 15 minutos
Cota: De balde


Cada semana iremos engadindo actividades ou detalles das xa publicadas. Agaradamos contar coa vosa presencia!.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.