1 de maio de 2023

Inicio de O Demo do xeo

O DEMO DE XEO
CLARK ASHTON SMITH
 
Quanga o cazador, xunto con Hoom Feethos e Eibur Tsanth, dous dos máis emprendedores xoieiros de Iqqua, cruzaron a fronteira dunha rexión á cal case nunca ían os homes, e da cal regresaban menos aínda. Dirixíndose cara ao norte de Iqqua, chegaron ás abatidas terras de Mhu Thulan, onde o gran glaciar de Polarión alagara como un mar xeado cidades ricas e de gran fama, cubrindo o gran istmo de beira a beira, baixo capas de xeos perpetuos.

De acordo coa lenda, as cúpulas en forma de cuncha da cidade de Cerngoth podían verse aínda a través do xeo, así como as altas e delgadas agullas de Oggon-Zhai, xunto coas palmeiras e mamuts e os templos cadrados e negros do deus Tsathoggua, alí incrustados. Todo isto ocorrera facía moitos séculos, e o xeo, como un muro poderoso e deslizante, continuaba movéndose cara ao sur por terras desertas.

Agora Quanga conducía aos seus compañeiros polo camiño do endurecido glaciar cara a unha meta atrevida. O seu obxecto non era nin máis nin menos que a recuperación dos rubíes do rei Haalor, quen, co mago Ommum-Vog e un nutrido grupo de aguerridos soldados había partido facía cinco décadas para guerrear no xeo polar. Nin Haalor nin Ommum-Vog falan regresado da súa fantástica expedición, e 
os restos da súa tropa, derrotados e harapientos, volveron ao cabo de dúas lúas para narrar unha incrible historia.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.