J.G. Ballard
Durante todo o día, e a miúdo nas primeiras horas da mañá, ouvíase o ruído dos pasos que subían e baixaban pola escaleira. O cubículo de Ward fora instalado nun cuarto estreito, na curva da escaleira entre o cuarto piso e o quinto, e as paredes de madeira terciada dobrábanse e cruxían con cada paso nas vigas dun ruinoso muíño de vento. No tres últimos pisos da vella casa de veciñanza vivían máis de cen persoas, e ás veces Ward quedaba esperto até as dúas ou tres da mañá, tendido de costas no catre, contando mecanicamente o número de inquilinos que regresaban do estadio cinematográfico nocturno a tres cadras de distancia. A través da xanela alcanzaba a ouvir uns longos fragmentos de diálogo amplificado que resoaban sobre os teitos. O estadio non estaba nunca baleiro. Durante o día o guindastre alzaba o vasto cubo da pantalla, despexando o terreo onde se sucederían logo os partidos de fútbol e as competencias deportivas. Para a xente que vivía ao redor do estadio o estrondo debía de ser insoportable.Ward, polo menos, gozaba de certa intimidade. Facía dous meses, antes de vir vivir á escaleira, compartira un cuarto con outros sete nun piso baixo da rúa 755, e a marea incesante que pasaba xunto á xanela deixáralle un esgotamento crónico. A rúa estaba sempre colmada de xente: un clamor interminable de voces e de pés que se arrastraban. Cando Ward espertaba ao seis e media, e corría a ocupar o seu sitio na cola do baño, as multitudes xa cubrían a rúa de beirarrúa a beirarrúa, e os trens elevados que pasaban sobre as tendas de en fronte puntuaban o estrépito cada medio minuto.
Axiña que como Ward viu o anuncio que describía o cubículo decidiu mudarse, a pesar do elevado do aluguer. Como todos pasábase a maior parte do tempo libre examinando os avisos clasificados nos xornais, cambiando de vivenda polo menos unha vez cada dous meses. Un cubículo nunha escaleira seria con certeza algo privado.

...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.