O seu animal favorito é o moucho; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “deusa dos ollos garzos”. Pola protección que concede a Ulises a e Heracles, Atenea simboliza o auxilio achegado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.
Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como Esparta, Mégara, Argo etc.
Hai semellanzas entre Hefesto e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.