15 de marzo de 2023

As orixes da Policia en Galicia?

Moitos investigadores pensan que hai dúas posibles orixes da policía moderna. Unha delas é atribuída a Luis XIV e a Colbert, que crearon o primeiro corpo de policía moderno en 1667 coa figura do lieutenant générál, encargado da seguridade da cidade. A outra posible orixe sería a Santa Hermandade, creada en Castela en 1476 co obxectivo de manter a paz nos camiños e perseguir aos delincuentes en todo o reino.

É se sabes da historia de Galicia, seguro que te decatas do pequeno detalle de que uns anos antes de 1476 certa xente creou outra agrupación chamada Santa Irmandade... os coñecidos como Irmandiños. Tamén coa idea de favorecer a seguridade do país.

É que os galegos estamos en todo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.