542.- Fidelidade.- As grullas son tan fieis e leais ao seu rei que de noite, mentres dorme, algunhas fan a garda ao redor do prado, mirando de lonxe, e outras quedan preto do rei. E cada unha leva unha pedra agarrada, en forma que, se fosen vencidas polo soño, o ruído da pedra ao caer, espertaríaas. Outras, en fin, dormen xuntas ao redor do rei, turnándose cada noite, medorentas sempre de perdelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.