Dende a primeira cruzada liderada por Pedro o Ermitán en 1095, a ideoloxía medieval occidental desmoronábase trala perda de Xerusalén en 1187. As derrotas e masacres foron sucedéndose, e aínda que a cruzada dos grandes cabaleiros feudais logrou algunhas vitorias en Constantinopla, o seu saldo resultou ser pouco halagüeño. Tan só en España, a arremetida contra os sarracenos organizada pola Igrexa en 1195 tivo éxito coa victoria en Navas de Tolosa en 1212.
Neste contexto, xurdiron as cruzadas infantís. A primeira idea atribúese a un pastor chamado Etienne, quen, segundo a historia, predicaba a necesidade de unha cruzada para recuperar Xerusalén. As tropas de nenos peregrinos xuntáronse coas dos adultos, pero a empresa fracasou e a maioría dos nenos morreu ou foi vendido como escravo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.