Na antiga Grecia, a liberdade estaba asociada á obediencia ás leis e á noción de democracia. Para Platón, a liberdade política pasaba pola rebelión do pobo "pobre" liderada por "axitadores", o que podería conducir á perda do respecto ás leis. Pola súa banda, Aristóteles creía que o individuo era, ao mesmo tempo, gobernante e subdito, e debía controlarse ou ser controlado.
No cristianismo, a liberdade foi matizada e relacionada con outros conceptos como a razón, a vontade ou a necesidade. Santo Tomás de Aquino considerábaa unha característica divina do ser humano, mentres que para Thomas Bradwardine a liberdade consistía no poder de xulgar racionalmente e de obrar voluntariamente. John de Wyclif, un dos precursores do protestantismo, falaba da relación entre liberdade e necesidade, e Francisco Suárez sostiña que o home gozaba dun certo grao de liberdade que emanaba de Deus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.