8 de marzo de 2023

Gómez Pérez das Mariñas

Co mesmo nome, Gómez Pérez das Mariñas, temos tamén a un dos seus fillos e a un neto, pero hoxe fixámonos no primeiro da saga.

Naceu a principio do século XV e morreu no ano 1475, sendo sepultado no Convento de San Domingos da Coruña, hoxe desaparecido. Era fillo de Ares Pardo das Mariñas e de Tareixa Prego de Montaos.

Ca súa dona, Tareixa de Haro Acuña, tivo tres fillas; María, Constanza e Xenebra

Seguramente naceu nalunha das posesións familiares entre Betanzos e Laracha, probablemente na comarca das Mariñas.

Foi home de sona e grande influencia en Galicia e sendo rapaz foi paxe do rei Xoán II que sentía moito aprecio por el. Mesmo favoreceuno o 18 de agosto de 1452 ao estender unha cédula pola que lle concede a fortaleza de Cillobre.

Compañeiro do fillo do rei, tamén serviuno con lealtade cando este converteuse en Henrique IV. O rei concedeulle en 1467 a propiedade dunhas casas na Coruña como compensación dos gastos que lle ocasionara a defensa da cidade.

Na época da Revolta Irmandiña sufriu a perda de varias posesións e xunto ao seu xenro, Diego de Andrade, uniuse con Pedro Madruga en 1469 para loitaren contra os irmandiños. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.