26 de outubro de 2022

Torneo FischerRandom

O luns 31 teremos ás 19,30 o Torneo FischerRandom / 960

Será un torneo suizo a cinco roldas na modalidade 960 ou FischerRandom.

En outubro de 1995 a nosa entidade fizo o primeiro torneo desta modalidade cando aínda era moi descoñecida, hoxe xa está consolidada e de feito temos nestes días un campionato do mundo desta modalidade.

(se estás interesado preme nesta ligazón https://www.chess.com/es/news/view/anuncio-campeonato-mundial-ajedrez-fischer-random-fide-2022)

O torneo será a cinco minutos finish cada partida e o gañador recibirá un trofeo acreditativo grazas á colaboración con INCUDE.

O Torneo terá lugar no Centro Comercial Los Rosales e para participar simplemente tes que enviar un correo a asociacion@palaestra.net 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.