Tomás Moulian
É seguro que moitos lectores vivirían a experiencia de camiñar no interior dun Centro Comercial. Cada vez que o fago sinto esta sensación: a de estar no interior dun labirinto. Nunca entendín por que se me produce esa experiencia de perder o rumbo, de quedarme sen referencia, de estar cegado e non poder atopar a porta de saída. Quizais sexa porque o Centro Comercial parece ser o mundo da variedade case sen límites, pero no fondo é o lugar da repetición, onde todo se parece e é difícil, por iso, atopar os puntos cardinales.
Como se dixo, o Centro Comercial e os créditos masivos son os dous principais dispositivos de facilitación do consumo. Entre as múltiples significacións, do Centro Comercial hai unha que salientarei aquí: o mall como incitador do desexo.
O Centro Comercial é un espazo privado con aspecto de espazo público, con acceso en aparencia libre, pero sometido a discreto control, coas súas entradas, saídas e circulación vixiadas por cámaras invisibles. Pero eses gardas silenciosos parecen estar alí para outorgarnos protección, en ningún caso para protexer as instalacións. Con todo ningún movemento escapa á súa mirada.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.