8 de outubro de 2022

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920 en Tacoma, Washington, e estudou na Universidade de Washington, en Seattle. Traballou nunha ampla variedade de empregos -incluíndo operador de cámaras en TV, comentador radial, buscador de perlas, instrutor de supervivencia, profesor de escritura creativa, reporteiro e editor de varios xornais- antes de converterse en escritor a tempo completo. En 1952, comezou a publicar ciencia ficción con "Looking for something" na revista "Startling Stories", pero o seu verdadeiro xurdimento como escritor de maior envergadura non sucedeu ata 1965, coa publicación de Dune. Completando daquela unha saga que o "Chicago Tribune" chamaría "un dos monumentos da moderna ciencia ficción". Foi tambien autor de preto doutro vinte libros, incluíndo "The Jesus Incident" ; "The Dosadi Experiment"; e "Destination : Void". Frank Herbert faleceu o 11 de Febreiro de 1986 en Madison, Wisconsin.

DUNE

Arrakis: un planeta desértico onde a auga é o ben máis prezado, onde chorar aos mortos é o símbolo de máxima prodigalidad.
Paul Atreides: un adolescente marcado por un destino singular, dotado de estraños poderes, abocado a converterse en ditador, mesías e mártir.
Os Harkonnen: personificación das intrigas que rodean o Imperio Galáctico, buscan obter o control sobre Arrakis para dispor da melange, preciosa especie xeriátrica e un dos bens máis cobizados do universo.
Os Fremen: seres libres que converteron o inhóspito paraxe de Dune no seu fogar, e que senten orgullosos do seu pasado e medorentos do seu futuro.
Dune: unha obra mestra unanimemente recoñecida como a mellor saga de ficción científica de todos os tempos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.