22 de abril de 2022

Intenso fin de semana

Este trimestre empezou mais tranquilo que os anteriores, pero xa veredes que temos actividades constantes:

VENRES 22 (Hoxe)

17,00 - 20,00: Nos Rosales Torneo 1º de bach. 

20,30 - 21,30: Segunda xornada do Circuito de Primavera de INCUDE. Nos Rosales. Cota de 1 euro.

SABADO 23

11,00 - 14,00: Xogase a fase intercomarcal dos xogos escolares da Xunta (Xogade). Unha idea de como van a tedes en https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2022/04/escolares-2022.html

16,00 - 17,00: Reinicia a Liga Online Sub12 coa súa fase de Primavera. Funciona como anos anteriores por equipos nos que puntúan os tres mellores. Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #cHJnaEtJ • lichess.org

16,30 - 19,00: Iniciamos a Liga amigable das Mariñas. Esta primeira rolda será en Vila Concepción.

Para calquera dúbida contacta con nos no noso correo ou no Whatsapp 654 60 37 16

Vindeiras actividades: Ademais de ocupar os venres cos torneos de 1º de bach e os sábados coa liga online sub12 e a liga presencial das Mariñas, temos previsto torneo o día 1 de maio, o Día da Ciencia na Rúa o 7 de maio, a fase provincial de escolares (agardando pasar) o 14 de maio e mais cousas que iremos poñendo por aqui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.