4 de abril de 2022

Vocabulario médico galego

xordeira 




s.f. Perda total ou parcial do sentido do oído. Tamén se di hipoacusia. // X. apopletiforme Xordeira brusca. / X. cerebral A que se produce por lesión cortical. / X. ceruminosa A causada por un tapón de cerume. / X. de percepción Xordeira debida a alteracións das estructuras neurosensoriais e/ou das vías auditivas centrais. / X. de transmisión Xordeira debida a unha anomalía ou disfuncionalidade do sistema de conducción do son. / X. histérica Xordeira funcional que aparece en persoas histéricas, sen causa recoñecible. / X. labiríntica Hipoacusia causada por lesión labiríntica. / X. mental ou psíquica A que se debe a unha alteración do centro auditivo, 
de xeito que o paciente oe os sons e as palabras, pero non comprende o seu significado. / X. neurosensorial A causada por lesión do órgano de Corti. / X. tóxica A causada por un tóxico que actúa sobre as estructuras auditivas neurosensoriais. / X. verbal Xordeira mental ou psíquica. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.