21 de abril de 2022

Aforismos de Leonardo

502.- Áspid.- A mordedura deste animal é incurable, a menos de extirpar enseguida as partes mordidas. Este odioso animal ten tanto afecto pola súa compañeira, que sempre van xuntos, e se un é morto, o outro persegue ao matador con incrible velocidade, e no seu desexo furioso de vinganza non o vencería ningunha dificultade, non o detería un exército; só desexa unha cousa a ruína do seu inimigo. Para satisfacer ese desexo, traspone as máis longas distancias e non hai outro medio de escapar á súa persecución que gañarlle en velocidade ou trasponer unha corrente de auga. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.