5 de abril de 2022

A era do capitalismo da vixilancia

A era do capitalismo da vixilancia
Shoshana Zuboff

SINOPSE

Nesta obra maxistral pola orixinalidade das ideas e as investigacións nela expostas, Shoshana Zuboff revélanos o alarmante fenómeno que ela mesma denominou «capitalismo da vixilancia». Está en xogo algo da máxima importancia: toda unha arquitectura global de modificación da conduta ameaza con transfigurar a natureza humana mesma no século XXI de igual modo a como o capitalismo industrial desfigurou o mundo natural no século XX.

A ameaza que se cerne sobre nós non é xa a dun Estado «Gran Irmán» totalitario, senón a dunha arquitectura dixital omnipresente: un «Gran Outro» que opera en función dos intereses do capital da vixilancia.

O exhaustivo e turbador análise de Zuboff pon ao descuberto as ameazas ás que se enfronta a sociedade do século XXI: unha «colmea» controlada e totalmente interconectada que nos seduce coa promesa de lograr certezas absolutas a cambio do máximo lucro posible para os seus promotores, e todo á conta da democracia, a liberdade e o noso futuro como seres humanos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.