22 de abril de 2020

Novela semanal. Decimosexta entrega.

Entra no despacho cos pulmóns que lle saen pola boca. O comisario está sentado na súa mesa inclinado dando un masaxe nos pés. Seica estaban a perseguirte ou? Pregunta o comisario. Tecnicamente, si que me perseguiron hoxe, pero basta de cháchara, que me tiñas preparado? Pois teño este informe sobre outra das vítimas que morrera este mes. A esquiadora? Non, o empresario. Mira o informe e xa me dis o que pensas. Duchamps colle o cartafol que lle ofrece, séntase nunha das cadeiras que hai fronte á mesa do comisario e comeza a ler, pasando lentamente as follas. Interesante, murmura o detective, o empresario tampouco era trigo limpo. Segundo isto, andaba a lavar diñeiro procedente de actividades ilegais. Como é que non se sabía nada disto? Pregunta Duchamps. O comisario levanta os ombreiros cun xesto de resignación. Parece que hai moitos políticos corruptos; pode ser que lle cubrisen as costas a cambio de cartos. O detective ráscase o queixo medio pensativo. Ao final este asasino estábanos a facer o traballo porque, agás o actor, o resto de vítimas tiñan merda debaixo da alfombra.

O detective despídese do seu amigo e toma as escaleiras. Abaixo decátase de que o cartel de avaria xa non está presente na porta do ascensor. Continúa cara a porta de saída, saudando á recepcionista, e sae á rúa. Co sol que vai ten que colocar a man diante dos ollos a modo de viseira. Ponse en marcha de volta ao coche. A vista váiselle adaptando ao nivel de luminosidade aínda de non de todo porque parece que ve raios de luz estraños camiñando pola beirarrúa. Xa chegou ao Peugeot, que lle dá a benvida cunha multa debaixo do limpaparabrisas. O detective non vira as liñas azuis que delimitan as prazas. Rosmando, métese no coche e pono en marcha.

Xa van 10 minutos que está conducindo e o sol non quere deixar de pegar forte. Pensaba que seguía vendo resplandores raros cos ollos pero empeza a pensar que o están a seguir porque ese coche negro lle vai detrás estaba á cola tres voltas de esquina antes. Decide seguir outra camiño en lugar de ir directo ao seu despacho para asegurarse.

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.