No letreiro lese
rúa Voleur, indicativo de que Duchamps chegou ao seu destino. Mirando ao seu
redor no ve ningunha praza libre para aparcar o coche. Así que decide dar unha
volta por se hai sorte e aparece unha libre. Pasa por diante dun bar que se
chama Le Gourmet, dentro do cal se ven varios policías tomando a súa rosquilla
diaria; unha das diarias para ser máis exactos. Parece que xa só queda unha e
forman un círculo. No centro dous policías novatos deberán loitar para
conseguir a rosquilla e o respecto do seu compañeiros, que berran e axitan as
pistolas apuntando ao teito. O detective segue o seu camiño mentres se escoitan
os primeiros gritos de dor. Tras virar por unha rúa atopa unha praza libre para
aparcar en batería pero tamén se da conta de que unha señora vella lle ten
botado o ollo e se achega a toda velocidade no seu todoterreo. Duchamps debuxa
o sinal da cruz no peito e pisa o acelerador. Coa adrenalina polas nubes os
dous coches van diminuíndo a distancia que queda pero ningún dos dous ten claro
que conseguirá a praza. A pesar dous anos, o Peugeot consegue salvar o honor de
Duchamps que dispón a aparcar. De paso saúda á señora, que lle responde cun
corte de manga, e aparca o coche.
Parece que xa
chegou á entrada da comisaría. Dentro non hai moito movemento porque están
aínda no bar. Abre a porta e contesta á recepcionista, que pregunta motiva da
visita, que ten unha reunión co comisario. Segue polo corredor principal ata o
ascensor cun cartel pegado que avisa dunha avaría. Mala sorte. Non pasaría nada
por subir polas escaleiras ao segundo andar pero está canso de estar correndo
dentro da mansión. De todos modos non lle queda outra así que empeza a subir, quedando
sen aire a cada chanzo que supera. Con suor nas axilas, Duchamps chega ao
segundo andar e xa ve ao fondo a porta co nome do comisario. Coas derradeiras
forzas que lle quedan atravesa metros finais, dá dous toques na porta e ábrea.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.