Entre medo e tristeza comeza a falar. Sempre sospeitei que o meu marido andaba en cousas raras. Fará como cinco anos que empezou a saír pola noite no medio da semana sen comentarme nada, traía xente que non coñecía de nada e tiñan reunións ás que me prohibía asistir. Ás veces esas reunións poñíanse violentas cando escoitaba berros. Eu preguntáballe que pasaba pero non me quería contar nada. E un día deixaron de vir esas persoas á mansión. El non estaba ben, notábaselle na cara, na forma de falar. O que máis me asustou foi cando comezou a dicir que o estaban seguindo, quen non estabamos seguros aquí. Unha semana antes da súa morte tiñamos pensado mudarnos a outro país pero, como xa saben, esa viaxe non se produciu. E esa persoa que morreu, o amigo do seu marido, que implicación ten en todo este asunto? pregunta Duchamps. O único que sei é que tamén ía a esas reunións. Realmente era a única persoa que coñecía con anterioridade e despois da derradeira reunión foi o único que seguín vendo. Dáme a sensación de que quixeron saír dunha seita ou algo peor e matáronos por iso, di a viúva escondendo a cara tras un pano cheo de bágoas.
O detective e o comisario levántanse dos seu asentos e murmuran entre eles. Ti pensas que pode ser realmente unha seita? pregunta o comisario. Non che sei, pero se é certo debemos ter coidado coas paredes, neste mesmo momento poderían estarnos escoitando. Xa non sei se me podo fiar de ti. Déixate de parvadas, o único estivo en algo parecido a unha seita fuches ti en primaria cando conseguiches xuntar un grupo de axudantes aos que pagabas con lambetadas, contesta o comisario. Ai, como me acordo e cando poder tiña nas miñas mans. Vólvense os dous cara á señora, que segue chorando. Señora Reno, non desexa cambiar de sitio? pregunta o comisario. Podemos ofrecerlle un lugar seguro con vixilancia de vinte e catro horas ao día. Non se preocupe, señor comisario, teño vixilancia dabondo nesta mansión, non se preocupe, asegura a viúva.
Saen pola porta principal o comisario e o detective e van baixando polo camiño serpeando a través do xardín. Cando chegan á entrada da finca o comisario dille a Duchamps: Teño novas informacións sobre un dos casos que levo, se queres pasamos agora polo meu despacho a mirámolo un momentiño. Lévote no me coche patrulla ou viñeches no teu propio medio de transporte? Vin, si, vin, responde Duchamps. Leva a súa man ao peto da chaqueta para sacar a chave do coche pero aí non hai nada. De golpe, lembra que aínda vai vestido de camareiro. Eh, ti vai tirando que deixei algo na mansión. Mentres o comisario vai tirando cara ao seu coche, Duchamps dá media volta e sae correndo en dirección á mansión. Cando ninguén o ve métese entre os matos e empeza a buscar o lugar en que escondeu o seu traxe. Tras cinco minutos xa ten colocado o último botón e fai o camiño inverso, sen antes colocar o uniforme do camareiro na porta de entrada da mansión. Móntase no seu vello Peugeot 406 e colle rumbo á comisaría.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.