398.- Se o pintor quere contemplar belezas que o namoren, é dono de crealas; se quere ver cousas monstruosas que causen espanto, ou sexan grotescas ou ridículas, ou dignas de compaixón, pode tamén evocalas como señor e deus; se quere xerar paisaxes ou desertos, lugares umbríos e tenebrosos en época de calor ou sitios cálidos en épocas de frío, pode igualmente xeralos. Se prefire vales ou se desexa descubrir grandes campiñas desde as altas cimas dos montes, e admirar despois o horizonte do mar, ou descubrir desde os vales baixos as montañas elevadas, ou desde estas os vales e as praias, está na súa poder facelo.
E, en efecto, canto o universo contén en esencia, frecuencia ou imaxinación, todo o ten el, primeiro na súa mente e logo nas súas mans; e a excelencia das súas obras é tal, que elas producen á vez unha harmonía de proporcións que se revela a unha soa mirada, como o fan as cousas reais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.