3 de novembro de 2015

Fragmento de "Homes de Ningures" de Xoán Ignacio Taibo.

O pai morrera no monte non se sabía como. Eran tempos de fame aínda para aquela terra farturenta, xa lonxe da serra, onde cadaquén tiña leira e vacas. Decorrían, si, anos de fame, e máis que ninguén sufríanos as nais solteiras, as nais viúvas e mais as viúvas dos vivos, que diante os ollos de Deus ao mellor eran todas a mesma cousa. A naiciña de Breixo Freire traballou ata se esnafrar, deu todo o que tiña nos brazos, na súa testa de feble instrucción, nos chuchados seos. Cando non puido máis botou man dos curmáns que emigraran a Cuba. Eles remesáronlle os cartos xustos para a pasaxe.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.