8 de novembro de 2015

Palacio Real de La Granja

Visitamos o Palacio Real de La Granja, que é unha das residencias da familia Real e áchase situado na localidade segoviana de Real Sitio de San Ildefonso. Está situado na vertente norte da Serra de Guadarrama, a 13 quilómetros de Segovia. O seu nome provén dunha antiga granxa que os monxes jerónimos tiñan nas inmediacións.

A vertente setentrional da Serra de Guadarrama foi durante a Idade Media lugar de caza reservado para os Reis. Segundo crónicas da época, o primeiro refuxio foi mandado construír polo rei Enrique III no pobo de Valsaín, o rei Enrique IV constrúe un albergue e unha pequena ermida dedicada ao Arzobíspo San Ildefonso. Felipe II construiu un suntuoso palacio que serviu de residencia aos seus sucesores até Carlos II, en tempo do cal un gran incendio, no ano 1682, destruíu a parte de poñente. Felipe V decidiu levantar un palacio no lugar en que se atopaba a ermida de San Ildefonso.

Durante os séculos XVIII e XIX, o Palacio de San Ildefonso foi a residencia de verán dos Borbóns. Sufriu un devastador incendio o 2 de xaneiro de 1918 que afectou ao teitume de todo o palacio e á Casa de Cóengos, quedando destruídos os frescos que decoraban os teitos da planta alta, algunhas lámpadas de cristal e bronce, mobles e as riquísimas teas que adornaban as paredes dos salóns desta planta. Na planta baixa deste palacio exhibíase a colección de esculturas da raíña Cristina de Suecia, e que reuniu no seu exilio en Roma tras a súa abdicación ao trono. Foron adquiridas por Felipe V e realzadas con peanas, que aínda subsisten nos espazos orixinais. As esculturas foron trasladadas no século XIX ao Museo do Prado e substituídas por reproducións en escaiola.

Cunha extensión de cento corenta e seis hectáreas, os xardíns rodean o palacio e son un dos mellores exemplos do deseño de xardíns da Europa do século XVIII. Diseminadas atópanse 21 fontes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.