90.- Oh, Natureza neglixente! Por que es tan parcial e non tratas aos teus fillos como unha boa nai, senón como unha cruel e implacable madrastra? Vexo aos teus fillos entregados ao servizo alleo, sen ningunha vantaxe para eles, recibindo por remuneración do ben que nos fan cruelísimos martirios, e esgotando a súa vida en beneficio do seu verdugo.
(Acémilas.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.