8 de febreiro de 2013

O Birrete Branco


Lenda de Islandia recompilada en Icelandic Legends por Jón Arnason

Certo raparigo e unha moza, con nomes que este relato non conservou, vivía hai tempo preto dunha igrexa. O raparigo, que era bastante traveso e pícaro, tiña por hábito tratar de asustar á moza dunha infinidade de maneiras, ata que ela estivo tan afeita aos seus trucos, que xa non era capaz de asustarse por ningunha das cousas que el facía.

Un día húmido, a moza foi enviada pola súa nai a buscar a roupa mollada que fora posta a secar no patio da igrexa. Cando ela xa enchera de roupa a súa canastra, e estaba por volver viu sentado nunha tumba próxima, unha figura vestida dos pés á cabeza de branco, pero ela non se alarmou, crendo que era outra argallada do raparigo. Así que correu cara á figura e golpeándolle o birrete que levaba, díxolle:

- Ti non me asustarás esta vez.
   
Logo, cando terminou de recoller a roupa seca, regresou ao fogar. Pero, para a súa sorpresa, o raparigo foi a primeira persoa que a recibiu cando ela entrou na casa, sendo imposible que el chegase sen que ela o vise.
   
Entre a roupa seca, cando foi ordenada, atoparon un birrete branco, que non pertencía a ninguén dos ocupantes da casa, e que estaba cheo de terra.
   
A seguinte mañá a pantasma (xa que a nena vira unha pantasma) foi vista sentada sen o chapeu na súa cabeza, sobre a mesma tumba que o día anterior. E como ninguén tivo a coraxe de ir porlle o birrete, ou
sabía polo menos como conxuralo, a familia solicitou axuda á veciñanza.

Un vello declarou que a única maneira de evitar unha calamidade xeral, era que a nena volvese pór na cabeza do espectro o birrete que ela tomara, en presenza de moita xente, quen gardarían perfecto silencio. Así que unha multitude congregouse na igrexa, e a moza á fronte, un pouco atemorizada, atreveuse a colocar o gorro na cabeza da pantasma, dicíndolle:
   
- Xa estás satisfeito?
   
Pero a pantasma, levantando as súas mans, deulle un terrible golpe, e dixo:
   
- Se, pero agora ti, estás satisfeita?
   
A moza caeu ao piso, e no mesmo instante a pantasma afundiuse no seu sepulcro, o mesmo no que estivera sentado, para nunca máis ser visto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.