Recibiu entre outros os importantes premios de literatura belga para nenos coma o León dos libros, a Curuxa dourada, o premio Woutertje Pieterse, e o Bico de ouro.
En canto ó libro xuvenil A rosa e o xabarín, traducción do orixinal "De roos en het zwijn", ambiéntase na idade media. Unha nena nace moi raquítica e esbrancuxada, ninguén aposta un can por que sobreviva os primeiros anos, e si é que o fai, sen proveito, pois ninguén a ousará cortexar, laidiña como é.
Máis o tempo fala e Rosalinda, que así se chama, crecerá forte e fermosa, sendo a envexa malsá das súas irmás, ao namorar a todos os viaxeiros que atravesan os seus dominios, en concreto a dous que, aínda que casadas coas irmás, vana visitar de cotío á súa alcoba.
Entre tanto, a nai mórrelles, e o pai, un celebrado comerciante, marcha longas tempadas co fin de regresar aumentado o seu haber (nun dos viaxes traeríalle de regalo un porquiño). Non preocupa a Rosalinda, a través dun espello observa todos os pasos do cabalo do seu pai. E é que no fondo ten algo de meiga. A xente dos arredores sospéitao e o lume nunca iluminará moi lonxe da súa casa.
---------------------------------------------------------------------------
Maravillosa historia de fantasía, adobada de romanticismo e ternura. Un conto para nenos á antiga usanza no que a inocencia e o pudor refulxan pola súa ausencia. Non moita xente sabe comprender, coma Provoost, a maxia da lectura, para despois creala e ila debullando con tanta soltura e elegancia a través das súas tan só cento vinte páxinas.
Bibliografía completa:
1990 - A miña tía e unha balea.
1991 - O espertador e o coitelo.
1991 - Non rir.
1993 - Goma de mascar para o heroe.
1994 - Caída.
1997 - A rosa e o xabarín.
2001 - Os navegantes da arca.
2007 - Mirar ó sol.
2008 - Queridos non creentes. Sermóns ateos. (Ensaio)
2012 - Día do salto.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.