1 de maio de 2011

Varela repartiu 4.000 libros no Gaiás para celebrar o Día do Libro

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, desprazouse este mércores ata a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, para participar nun acto de entrega de libros aos visitantes do recinto para conmemorar o Día do Libro e no que se repartiron uns 4.000 exemplares. Así, aínda que a iniciativa estaba activa dende primeira hora da mañá, o conselleiro fixo acto de presenza sobre as 12.30 horas do mediodía, momento no que varias decenas de persoas, entre elas numerosos escolares, recollían os seus libros.

Roberto Varela, que se interesou pola boa acollida da iniciativa, participou tamén persoalmente na entrega dos volumes aos visitantes, que podían escoller o tipo de libro que preferían de entre os dispoñibles -para diferentes idades e de varias temáticas-. O público asistente, pola súa banda, mostrouse moi favorable á iniciativa, especialmente os escolares, que consideraron que o proxecto "servirá moito para fomentar a lectura", tal e como explicou en declaracións aos medios unha das mozas.

Mais

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.