O pasado sábado finaba na Coruña aos 71 anos o Padre Córdoba (Leandro Córdoba Merino), relixioso dominico que foi profesor de todos os fundadores da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e de moitos socios posteriores.
Na súa lembranza traemos aqui unha das obras que él recomendaba: La Regenta.
Este libro é a obra mestra de Leopoldo Alas, Clarín, e unha das novelas máis importantes da literatura española. Retrátase en toda a súa complexidade unha cidade de provincias, chamada Vetusta (nome tras o que se agocha Oviedo), e na que queda representada a sociedade española da Restauración. Clarín somete a crítica a todos os estamentos da cidade: a aristocracia decadente, o clero corrupto, as damas hipócritas, os partidos políticos...
Descarga o libro
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.