4 de maio de 2011
Marina
Libro do recoñecido escritor Carlos Ruíz Zafón.
Escrita en 1999,é a ultima das súas novelas xuvenís, precedida por tres libros tamén xuvenís, denominados como a "Triloxía da néboa", e anterior a afamada "A sombra do vento", xa para adultos.
Non tendo grande aficción polos best sellers, preferín este título para adentrarme no mundo fantástico de Zafón,ademais de por recomendarmo un amigo,ao cal aínda lle teño que devolver o exemplar en cuestión.
A acción desenvólvese na Barcelona da segunda métade do século XX e comeza cun prólogo no que o protagonista Oscar Drai nos fala desde a situacion final da historia, para de seguido contarnos todo o que motivou ese desenlace, que eu resumo.
Óscar, adolescente, vive e estudia nun internado de índole católico. Non é moi dado os estudios nin a reflexión espiritual. Gústalle sen embargo observar o reflexo do sol nos ventanais no atardecer, o timbre que indica o fin das clases e escabullirse cando pode para pasear libremente pola rúa.
Nunha destas escapadas o rapaz coñece a Marina, e fanse amigos e mais tarde moi amigos.
Hai algo misterioso no comportamento desta rapaza, coma se gardase un segredo.
Comezan a suceder cousas misteriosas que desembocan en fantasia e que van ser o nudo da historia,cando un se esperaba que tirara por outros derroteiros. Zafón faise o interesante con moitas escenas de intriga e desvelo, facéndote esperar para nada a chegada deses pantasmas que sabes que van aparecer.
Aparecen e son moitos e moi malos pero os dous nenos mostrando unha dose elevada de valentía, pero escasa de prudencia, loitan contra eles e ó final despois de escenas bastante dramáticas e violentas, acaban co último demonio que porén é o mais malvado.
Derrotado o monstro final, a historia debería concluir, pero aquí desvélase o segredo que gardaba Marina desde o comezo...
Como valoracion final:
Quédome co extenso coñecemento de rúas barcelonesas que acadas.
Quédome coas boas elaboracións das personaxes, sobre todo de Marina, profunda e carismática.
E quédome sobre todo con frases inxeniosas que o autor nos foi deixando polo camiño (case merece ler o libro só por elas):
"As derrotas en silencio saben mellor"
"Non se pode entender nada da vida hasta que un non entende da morte"
"Vínculo de silencio e miradas"
"Só desaparece a xente que ten algun sitio a donde ir"
"Preguntábame se algún día sería capaz de crear algo de semexante valor, dalgún valor"
"Cando hai clase (referíndose a un vello Dodge) a velocidade é unha minucia"
"Ninguén merece ter un céntimo máis do que estaba disposto a ofrecer a quen os necesitara máis que el"
"A vida soe brindarnos iso que non buscamos nela"
"A verdade sempre esta a salvo da xente"
"Os problemas son como as cascudas, se se sacan a luz asústanse e vanse"
"Barcelona pode ser a cidade máis triste en inverno"
"Hai leccións que non vale a pena aprender"
"O tempo non nos fai máis sabios, só máis cobardes"
"Pódese vivir de esperanza e pouco máis"
"Non se coñece a xente ata que se viviu unha guerra"
"O século XX convertérase no gran circo da historia"
"O diñeiro non ten importancia, a menos que se carezca del"
"Non hai máis demonio que a Nai Natureza"
"A ruindade dos homes é unha mecha en busca de chama"
"Nada mellor que ler acerca dos problemas dos demáis para olvidar os propios"
E a que abre o libro,
"Só recordamos o que nunca sucedeu"
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.