Manuel Bragado: «Queremos que a lectura sexa considerada un hábito saudable»
Fomentar o espírito crítico é un dos piares que sosteñen o mandato do
presidente dos editores galegos. Manuel Bragado (Vigo, 1959) leva vinte anos no sector editorial, aínda que é profesor de educación infantil. Xa estivo na directiva, como secretario, hai anos, xunto a Fernán Vello, pero agora dúas palabras marcarán o mandato a lectura e crise.
No sector hai un tránsito entre o modelo da comunicación impresa e o modelo dixital. De tránsito entre o modelo de editor e de catálogo, que foi o máis característico da edición en Galicia durante os últimos trinta anos, e unha edición onde o que se privilexia é a edición narrativa, onde parece que está o maior interese por parte do público. Isto provoca unha crise da comercialización e distribución do libro por medio da librería, que é ademais unha institución cultural que está nun momento complicado. E noso sector tampouco é alleo a crise económica.
Pero os momentos de cambio son tamén de oportunidade, a de dar o salto definitivo ao paradigma dixital. É o momento de gañar un novo público para a literatura escrita en galego, que ten un potencial importante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.