12 de febreiro de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XV).

-Convenceume dunha cousa, señor naturalista, e é de que se tales animais existen no fondo dos mares deben necesariamente ser tan fortes como di vostede.
-Pero se non existen, teimado arponeiro, como se explica vostede o accidente que lle ocorreu ao Scotia?
-Pois ... porque... -dixo Ned, titubeando.
-Continúe!
-Pois, porque... iso non é verdade! -respondeu o canadense, repetindo, sen sabelo, unha soada resposta de Arago.
Pero esta resposta probaba a teima do arponeiro e só iso. Aquel día non lle acosei máis. O accidente do Scotia non era negable. O buraco existía, e houbera que colmalo. Non creo eu que a existencia dun buraco poida achar demostración máis categórica. Agora ben, ese buraco non se fixo só, e posto que non fora producido por rocas submarinas ou artefactos submarinos, necesariamente tiña que facelo o instrumento perforante dun animal.
E na miña opinión, e por todas as razóns precedentemente expostas, ese animal pertencía á rama dos vertebrados, á clase dos mamíferos, ao grupo dos pisciformes, e, finalmente, á orde dos cetáceos. En canto á familia en que se inscribise, balea, cachalote ou golfiño, en canto ao xénero do que formase parte, en canto á especie a que houbese que adscribirlle, era unha cuestión a elucidar posteriormente. Para resolvela había que disecar a ese monstro descoñecido; para disecarlo, necesario era apoderarse del; para apoderarse del, había que arponearlo (o que competía a Ned Land); para arponearlo, había que velo (o que correspondía á tripulación), e para velo había que atopalo (o que incumbía ao azar).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.