Mañán día 12 cumplese o centenario da Primeira Festa da Árbore na cidade da Coruña.
Unha das celebracións máis sobresalientes en defensa do arboledo en España, impulsada polos enxeñeiros de Montes, foi A Festa da Árbore. Esta celebrouse por primeira vez en 1899 en Barcelona, auspiciada pola Asociación dos Amigos da Festa da Árbore, dirixida polo Enxeñeiro Rafael Puig i Valls. Non entanto tense constancia dunha celebración da Festa da Árbore máis antiga, cara a 1805, na localidade estremeña de Villanueva de la Sierra, a cal hoxe se segue celebrando.
A importancia e a popularidade da Festa da Árbore en España durante o primeiro terzo do século XX maniféstase na creación dunha revista chamada Crónica da Festa da Árbore en España. A importante solemnidade dos actos, con asistencia de autoridades de alto rango, celebración de concursos literarios, etc, desembocou na aprobación do Real Decreto do 5 de Xaneiro de 1915, polo cal se declaraba obrigatoria a celebración anual da festividade en cada termo municipal.
Un dos maiores impulsores destes actos foi Ricardo Cordorniu, quen, xunto a Rafael Puig i Valls fundou a Asociación Amigos da Árbore. Esta entidade e as súas publicacións serviron para difundir as ideas naturalistas e de amor á árbore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.