3.- Empezado en Florencia, na casa de Braccio Martelli, o 22 de marzo de 1508, todo isto forma unha recompilación sen orde de moitas follas soltas, á espera de clasificalas segundo a materia de que tratan. Creo que, antes de chegar ao fin, repetirei moitas veces as mesmas cousas. Se iso ocorre, non me critiques, lector. As cousas son en gran número e a memoria non pode reténerlas todas. Eu non quixese escribir o que xa dixen; mais para non incorrer nese erro, sería mester que cada vez que agrego algo, relese todo o pasado, o que me ocuparía moito tempo, pois escribo a longos intervalos e fragmento por fragmento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.