20 de outubro de 2010

Xogos

No Mar Cantábrico as mareas poden variar a súa altura nuns quince metros. Na mar deste acertixo as mareas non son tan vivas e só varían 3 metros.

Un barco está en medio da bahía. Unha escada colga dende a cuberta do barco e chega ata a superficie do mar. Os peldaños estáns eparados por 18 centímetros.

Coa marea baixa poden verse dez peldaños da escada. Coa marea alta o nivel da auga sube tres metros.

¿Cantos peldaños se verán entón?

1 comentario:

  1. Se o barco non ten burato algún polo que lle entre auga, co subir da marea o barco seguerá a flotar do mesmo xeito e digo eu que se verán os mesmos peldaños da escada!

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.