Lectura Recomendada.
Mitch Albom, o autor de "Martes co meu vello profesor", volve para facernos pensar, para facernos sentir, e sobre todo para namorarnos de novo de cada unha das palabras que compón a súa nova novela: "As cinco persoas que atoparás no ceo".
Eddie ten 83 anos e traballa no parque de atraccións dunha pequena cidade de provincias norteamericana. pasou toda a súa vida neste lugar, fóra da súa participación na Segunda Guerra Mundial, un episodio que lle marcou profundamente. A súa vida acaba de forma tráxica ao salvar a unha nena que está a piques de ser atropelada por un coche da montaña rusa. Eddie atópase agora... no ceo. O paraíso aparece como o lugar onde, por fin, entendemos o sentido da nosa vida na terra. Así, Eddie atópase coas cinco persoas que máis influíron na súa vida, de forma directa pero tamén indirecta, sen que el se decatara.
E así xorden dúas preguntas capitais:
De que xeito a nosa vida está ligada á de xente que non coñecemos?
Como inflúen as nosas decisións na vida doutras persoas?
Visita Mitch Albom na Wikipedia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.