31 de outubro de 2010

Hoxe é a noite do Samaín.

SAMAÍN
A noite anterior ao 1 de novembro

Parece que o nome provén do primeiro mes (Samonios) do calendario de Coligny. Era pois o principio de ano e para os escoceses eran os festexos da morte. É evidente que a festa foi reconducida á celebración do Día de Defuntos e de Todos os Santos.

Esta conversión de festividades locais xa se daba anteriormente á Igrexa Católica. En determinado momento o emperador Augusto puxo límites á relixión dos druídas e estableceu un culto a Roma marcando a súa festa central o 1 de agosto que coincidía cunha festividade importante dos propios druidas.

Tamén é rechamante a proximidade da pronuncia do nome celta desta festa co “San Martiño” ao que se trasladou algunhas destas celebracións en zonas ourensás.

O traballo principal era a recolleita de castañas, normalmente levada a cabo polos nenos. Celebrábase o magosto, con castañas, viño novo e queixo. Segundo Murguía as castañas e o viño simbolizan a morte e a vida. Unha tempada para xogar coas cabazas e as cabezas dos nabos, tallando caveiras.

Na festa celta a importancia era tal que estaba penada a ausencia. O punto principal era a celebración do gran banquete. Entre outras moitas celebracións facíanse xogos de adiviñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.