28 de febreiro de 2015

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza

Fragmento de Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957.

Permaneceu así durante un tempo, co balangandán nunha man e o papel na outra, ensumida nunha bretemosa somnolencia. Cando puido reaccionar decatouse de que eran máis das dez da noite e os seus pais agardaban por ela para cear. Abandonou a bufarda e saíu á rúa. Sobre o barullo festeiro da cidade pendía unha lúa enorme.
De novo no abeiro do lar paterno, aquecida pola calor e a tranquilidade doméstica, empezou a recobra-lo equilibrio perdido, pasmándose de terse mergullado nunha historia tan estúpida. E ademais tan cara. Despois da cea, mentres vía na televisión unha película romántica, comodamente deitada no sofá da sala, xa esquecera todo o que pasara aquel estraño día. Niso soou o teléfono.
...

27 de febreiro de 2015

Inicio de O Enterro de Roger Malvin

O Enterro de Roger Malvin
Nathaniel Hawthorne

Un dos poucos sucesos das guerras contra os indios susceptibles de recibir o luar do novelesco, foi a expedición emprendida en defensa das fronteiras no ano de 1725, que terminou coa soada "batalla de Lovell". A imaxinación, se ten o xuízo de deixar na sombra certos incidentes, atopa moito que admirar no heroísmo da pequena tropa que combateu en proporción de dous a un nas entrañas do territorio inimigo. A evidente valentía despregada por ambos os bandos axustouse á concepción civilizada da coraxe; e os propios anais da cabalaría poderían sen bochorno rexistrar as fazañas dun ou dous individuos. A batalla, fatal para quen loitaron, non tivo consecuencias tan infortunadas para o país; pois dispersou as forzas dunha tribo e conduciu á paz que reinou nos anos seguintes. A historia e a tradición son extraordinariamente detalladas nos seus recontos deste suceso; e o capitán dunha avanzada de colonizadores adquiriu tanta fama militar como os vitoriosos caudillos de lexións. Pese ao emprego de nomes ficticios, algúns feitos contidos nas páxinas seguintes serán recoñecidos por quen ouviron, de beizos dos vellos, acerca da sorte dos poucos combatentes que quedaron en condicións de replegarse tras a "batalla de Lovell". 
...

26 de febreiro de 2015

25 de febreiro de 2015

Inicio de DESERCION

DESERCION
Clifford D. Simak

Catro homes, de dous en dous, internáronse na aullante vórtice de Xúpiter, e non regresaran. Saíran ao vento tempestuoso, ou mellor dito, galoparan cara a el, cos ventres pegados ao chan, os flancos
relucentes baixo a choiva.

Porque non habían ir en forma humana.

Agora o quinto home estaba de pé fronte ao escritorio de Kent Fowler, comandante da Cúpula Nº 3 da Comisión de Recoñecemento Xoviano.

Debaixo do escritorio de Fowler, o vello Towser rascouse unha pulga, e volveu acomodarse para durmir. Harold Allen, advertiu Fowler cunha repentina punzada de dor, era novo... demasiado novo. Tiña a segura confianza da mocidade, o rostro de quen non coñeceu aínda o medo. E iso era raro. Porque os homes das cúpulas de Xúpiter si coñecían o medo, o medo e a humildade. Ao home resultáballe moi difícil conciliar a súa diminuta natureza coas poderosas forzas do monstruoso planeta.

- Quero que comprenda - dixo Fowler - que non está obrigado a facer isto. Quero que comprenda que non está obrigado a saír.

Era un simple formulismo, por suposto. Dixéralles o mesmo aos outros catro, pero saíran igualmente. Fowler sabía que o quinto home tamén o faría. Pero de súpeto sentiu que dentro del axitábase unha débil esperanza de que Allen non aceptase.

- Cando debo partir? - preguntou Allen.

Noutra época, Fowler sentiría un sereno orgullo ante unha resposta como esa, pero non agora. Engurrou lixeiramente o ceño.

- Dentro dunha hora - contestou.

Allen permaneceu de pé fronte a el, tranquilo, esperando.

- Outros catro homes saíron e non regresaron - dixo Fowler -. Vostede xa o sabe, por suposto. Querernos que vostede regrese. Non queremos que emprenda ningunha heroica expedición de rescate. O obxectivo principal, o único obxectivo, é que vostede regrese, que probe que o home pode vivir baixo unha forma Xoviana. Vaia soamente até a primeira marca de recoñecemento, non máis aló, e logo regrese. Non corra ningún risco. Non investigue nada. Simplemente, regrese.
...

24 de febreiro de 2015

EN OCASIÓNS VEXO MINISTROS...

EN OCASIÓNS VEXO MINISTROS...
DGM

Debe ser o cansazo dunha semana longa e felizmente movida, ou a falta de inspiración típica dos venres, non o sei, pero o caso é que mentres trataba de comunicar con algunha neurona esperta, sentado fronte ao computador, a mirada de animal caprino, coas mans no alto sobre o teclado ao Eduardo Mans Tesoiras, atopeime esta visión do inferno: O apelido do meu ministro favorito unido ao símbolo da Europa capitalista.

23 de febreiro de 2015

Unha carta de despedida

Se estiveses cerca da morte... como te despedirías da vida?
Oliver Sacks escribiu isto cando soubo que lle quedaban pocos meses de vida.

Da miña propia vida

...Nos últimos días puiden ver a miña vida igual que se a observase desde unha gran altura, como unha especie de paisaxe, e cunha percepción cada vez máis profunda da relación entre todas as súas partes. Agora ben, iso non significa que a dea por terminada...

Ligazón ao xornal El PAIS

22 de febreiro de 2015

Compañias Monstruosas

Atopábame nunha sala cun home de constitución aria, un ario de pura raza. O home só levaba un pantalón curto. Nos seus abdominais tiña unha especie de canón con cinco loces ao seu redor, dentro só víase escuridade, tamén posuía unha marca na man esquerda.

Eu só tenia un obxectivo en mente, teño que atraparlle pero cando o tento derrúbame dun golpe, un golpe a unha velocidade fulminante. Foi tan rápido que deixara ronsel no aire, tras deixarme fóra de combate marcha.

Volvo á base onde toda a nosa tropa de amigos reuniámonos, era o noso centro de operacións, no corredor de entrada atópome un amigo que era un esqueleto, un esqueleto con cranio de dinosauro e unha mandíbula descomunal, outro deles lembraba a Hulk, verde e furioso, estaba encabuxado pola desaparición do ario, co cal tiña unha historia sen resolver, este amigo tamén tiña unha marca idéntica na palma da man.

Finalmente chego a un balcón ancho onde xogo con algúns compañeiros ao fútbol, foi unha curta pachanga entre tres que terminaba eu cunha chilena espectacular.



Recollido de cazandosonos.blogspot.com