14 de xaneiro de 2022

Inicio de Os Habitantes do Pozo

Os Habitantes do Pozo
ABRAHAM MERRITT

Este relato, situado nesa dificilmente definible fronteira que bascule entre a SF e o fantástico, foi publicado no número do 5 de xaneiro de 1916 de revísta All-Story, e del dixo o excelente crítico Sam Moskowitz: Ás veces é gratuíto o dicir que unha obra é digna de ser escrita por Edgar Allan Poe, pero se Poe escribise Os habitantes do Pozo, hoxe en día seria considerada como unha das máis brillantes xoias na diadema de obras mestras que coroan o seu xenio.

* * *

Cara ao noso norte, un dardo de luz alzábase até case chegar o cenit. Xurdía por detrás da áspera montaña cara á que nos estiveramos dirixindo durante todo o día. O dardo atravesaba unha columna de néboa azul con costados tan ben delimitados como a choiva que cae dos bordos dunha nube tormentosa. Era como o feixe dun proxector que atravesase unha nube azul, e non creaba sombras.
Mentres subía ao alto recortaba con arestas duras e fixas as cinco cimas, e vimos que a montaña, no seu conxunto, estaba modelada en forma de man. E, mentres a luz silueteabaos, os xigantescos picos que eran os dedos parecían estenderse, e a tremenda masa que formaba a palma empuxar. Era coma se movérase para rexeitar algo. O feixe brillante permaneceu así durante uns momentos, logo dispersouse nunha multitude de pequenos globos luminosos que se movían dun a outro lado e caían suavemente. Parecían estar a buscar algo.
O bosque quedouse moi silencioso. Cada un dos ruídos que antes o enchían contiña a respiración. Notei como os cans apertábanse contra as miñas pernas. Tamén eles estaban silenciosos, pero cada un dos músculos dos seus corpos tremía; tiñan o pelo dos lombos erizado, e os seus ollos, cravados fixamente nas faíscas fosforescentes que caían, estaban cubertos por unha fina película de terror.

...

13 de xaneiro de 2022

13 de xaneiro

Estaríamos hoxe, día 13, no primeiro dos días das resortes, que serven para confirmar ou non o que teoricamente as sortes determinaban.

Ata o de agora este foi o tempo:


Deixándonos un pouco destas lerias que algúns crían, hai un dito popular galego que di A ferreña de xaneiro non vai ao palleiro.

Sabes a que se refire? Así aparece na nosa web de información diaria, pero noutros sitios en vez de non ir ao palleiro non vai ao poleiro. 

Ferreña, segundo a RAG pode ser:
1. Que contén ferro na súa composición.
Augas ferreñas. SINÓNIMO ferruxinoso
2. Que ten a dureza ou a cor do ferro.
Armas ferreñas. Pedras ferreñas. SINÓNIMO ferruxinoso
3. Que semella de ferro pola súa dureza ou resistencia.
Disciplina ferreña. SINÓNIMOS de ferro, férreo
4 . figurado
Que permanece aferrado a unha idea ou a unha maneira de actuar, e que a defende con moita firmeza.
Deus, que ferreño! Non hai quen o desmonte. SINÓNIMOS cabezán, cabezón, cabezudo, cachamoulán, cachán, cacholán, carneirán, carneiro, cazurro, cornán, cornelán, gurrón, obstinado, teimoso, teimudo, tenaz, testalán, testán, testudo, turrón

Así que probablemente trátese deste sentido figurado de que a dureza de xaneiro, do inverno, non produce para o agricultor (sexa para meter no palleiro ou para o poleiro). De feito hai outros semellantes como Os pitos de xaneiro, pouquiños van ao poleiro.

Por outra banda, tal día coma hoxe pero de 1809 as tropas inglesas fan volar o polvorín da Coruña, o que din foi a explosión mais grande provocada polo home ata aquela (campións en estoupidos). 
En 1854 Anthony Foss, músico belga, patenta o acordeón. Na noite de 1998 A Dicoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.

12 de xaneiro de 2022

12 de xaneiro

Estamos xa a día doce, así que segundo as sortes o tempo de hoxe corresponderá ao mes de decembro. Curiosas estas ideas que se tiñan no pasado. Despois e ata o día 24 virían os días de confirmalas.

E sobre esta data noutros anos lembramos que en 1991 o Congreso dos Estados Unidos autoriza o uso de forza militar para expulsar a Iraq do Kuwait. E en 1998 morreu Ramón Sampedro, mariñeiro e escritor tetrapléxico español.

11 de xaneiro de 2022

11 de xaneiro

Hoxe día once segundo as sortes sería o correspondente ao mes de novembro. Parece que non será moi mollado.

Nas efemérides de hoxe destacamos que en 1560 morreu en Santiago a abadesa do convento de Santa Clara, Sor Isabel de Granada, filla do rei Boabdil.

En 1809, chega á Coruña o exército de Moore.

E como curiosidade en 1963 abre a primeira discoteca do mundo nos Estados Unidos. O seu nome era rechamante: The Whisky-a-gogo.

10 de xaneiro de 2022

10 de xaneiro

De cumprirse as sortes parece que non imos ter un agosto e setembro quentes. Hoxe día 10, sería o correspondente a outubro.

E que pasou tal día coma hoxe?

No 49 a. C. Xulio César cruza o río Rubicón, inicio da Segunda Guerra Civil da República de Roma, unha frase que quedou como expresión de xa non hai volta atrás.

En 1809, escapando dos franceses entra en Betanzos o exército de Moore (ese que ten o monumento no xardín de San Carlos).

Morren neste día en 1862 Samuel Colt, inventor do revólver que leva o seu nome e en 1917 Buffalo Bill, cazador e showman estadounidense.

Hoxe retómanse as clases nos colexios e para os interesados nas nosas actividades de xadrez lembramos as propostas para o primeiro trimestre.

8 de xaneiro de 2022

8 de xaneiro

O día 7 choveu un pouco, xa veremos que pasa no mes de xullo.

Tal día coma hoxe o 1369, os monxes de Sobrado piden que Fernán Pérez de Andrade non faga o castelo de Peña Leboreiro (nas alturas sobre Pontedeume) que segundo eles está nas súas terras.

En 1870 naceu Miguel Primo de Rivera, militar e presidente español entre 1923 e 1930 e catro anos mais tarde naceu Antonio Palacios Ramilo, arquitecto galego.

Hoxe temos pouca actividade. Recuperamos ás actividades da escola de xadrez dos sábados no Sporting Club Casino, que agardamos se complementen a partir do martes coas clases no Centro Comercial Los Rosales.