23 de setembro de 2023

Inicio de O CORNO DO DRAGÓN

O CORNO DO DRAGÓN
Fran Morell
 
1. O SALÓN DO TRONO
O Señor Llawyz Manir, sentado no seu resplandeciente trono de ónice, agachaba a cabeza sobre algo que ocultaba no colo á vista dos demais Homes, aínda que xa todos sabían ou cando menos sospeitaban a natureza daquel obxecto, un sinal enviado por Sunytt, o Mestre da Escuridade Irrevogable, para obrigar a Llawyz Manir a render o seu Reino e convertelo en subsidiario do Inferno. Non era a primeira vez que algo así se presentaba, e tampouco sería a última, pero Llawyz Manir, o Señor das Tebras, quen noutra vida fora o Señor do Dominio Directo e gobernara con man de ferro sobre o reino dos Homes, ao cal algúns chamaban Nárr-Phirimar, nunha antiga e xa esquecida lingua, recibira un golpe baixo nesta ocasión, porque esa mensaxe recibida era o sinal dunha noticia especialmente mala, unha noticia cruel que esnaquizara o seu corazón, xa malferido e quizais irreparablemente aniquilado desde facía moito tempo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.