13 de xullo de 2022

Ela

Ela

Ela estame roldando. Non se atreve a achegarse, pero non se marcha. Vixíame, perségueme, está atenta a cada un dos meus pasos. Pero non me mira aos ollos. Non sei exactamente que quere de min. Non se se é a min a quen desexa ou só pretende lembrarme que existe. Pero sixilosa aparece a cada pouco, en que eu tento esquecela.

Non me atrevo a falar dela, non me atrevo a desafiala, pero non me dá medo que me rolde. Sei que non se irá. Sen necesidade de falar con ela, sei que me ofrece a paz eterna.

Instalouse na miña vida. Mantendo una certa distancia trata de seducirme. 

É escura e fermosa, pero non o desexo. Hai quen lle teme, quen tenta evitala, pero tarde ou cedo todos se renden á súa beleza. Eu non se por canto tempo resistireime aos seus encantos, nin tampouco que pasaría se me abandonase aos seus desexos, pero pouco pódese facer, cando estache roldando a Morte.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.