8 de xullo de 2022

Xadrez en xullo

Tras a actividade en Vimianzo da semana pasada este fin de semana estamos parados.

Algunhas actividades de xadrez deste mes, que de seguro iremos ampliando nos próximos días.

TORNEO LUDO

A próxima semana teremos o Torneo Ludo de luns a venres no CC Los Rosales. Posiblemente a única proba de lentas na Coruña neste 2022.

Polas datas e o ritmo contamos que serán poucos os participantes, pero queremos dar esta opción aos que gostan das partidas con moito tempo.

www.clubludo.com

TARDE DE XADREZ EN MONFORTE

Xa a final de mes, o sábado 30 teremos unha proba que como a de Vimianzo marcamos xa como fixa no calendario; se Vimianzo é o primeiro sábado de xullo, o último de xullo teremos a terceira tarde de xadrez no Pazo de Tor.

Lembra que tamén neste mes empeza a disputarse o Circuito Internacional cos torneos de Ferrol e Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.