Agora que estamos cómodos pódoche explicar a situación. Empezarei dicindo que estamos a afrontar unha organización, non un individuo, di Amans. Como que unha organización? Pregunta Duchamps dubitativo. Son os que están detrás dos asasinatos dese PR? Si, responde Amans, o empresario estivera financiando esa organización pero semella que acabou en problemas cando se opuxo a aumentar a súa aportación. O actor, en cambio, formaba parte da propia organización pero acabou asasinado por disidente, ao igual que o seu compañeiro na festa á que fuches. Eses son tres, di o detective, que hai das outras dúas vítimas? Amans pasa a man polo queixo cun xesto pensativo. Esas non teñen unha relación clara nesta historia, recoñece, pero é probable que acabasen mortos para ocultar o carácter político das outras mortes. Despois de todo, pensabamos que se trataba dun asasino en serie.
Miña nai
queridiña, di Duchamps confuso, vas ter que deixarme uns minutos para asimilar
todo isto. Comprendo a túa confusión, se queres pódoche traer algunha bebida e
despois continuamos, ofrece Amans. Continuar? Aínda tes máis segredos que
contarme? Pregunta en desesperación Duchamps.
Continuará...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.