É un poderoso día de verán en Misións, con todo o sol, a calor e a calma que pode deparar a estación. A natureza plenamente aberta, sente satisfeita de si.
Como o sol, a calor e a calma ambiente, o pai abre tamén o seu corazón á natureza.
-Ten coidado, rapaz -di ao seu fillo; abreviando nesa frase todas as observacións do caso e que o seu fillo comprende perfectamente.
-Si, papá -responde a criatura mentres colle a escopeta e carga de cartuchos os petos da súa camisa, que pecha con coidado.
-Volve á hora de xantar -observa aínda o pai.
-Si, papá -repite o mozo.
Equilibra a escopeta na man, sorrí ao seu pai, bícao na cabeza e parte.
O seu pai ségueo un intre cos ollos e volve ao seu quefacer dese día, feliz coa alegría do seu pequeno.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.