17 de setembro de 2020
Aforismos de Leonardo
422.- A isto di o meu adversario que, para facerse práctica e producir obras en bo número, é mellor dedicar o primeiro período de estudo a copiar composicións feitas sobre papel ou en superficies murais por diversos mestres, e así se practica velozmente e adquírense bos hábitos de traballo. Ao que responderemos nós que eses hábitos serán bos a condición de basearse en obras ben compostas por mestres experimentados. Pero, sendo estes tan raros que é difícil atopalos aínda en curto número, é máis seguro ir derechamente aos obxectos que nos ofrece a natureza, antes que ás imitacións que os empeoran e que nos inculcarían hábitos mezquinos. Porque non hai que beber de vaso cando se pode ir á fonte.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.