28 de febreiro de 2020

Inicio de O RECORDO E O ESQUECEMENTO NO BARRIO DE FLORES

O RECORDO E O ESQUECEMENTO NO BARRIO DE FLORES  (Alejandro Dolina)

Nos nosos tempos, non son moitas as persoas de boa memoria.
Salvo, desde logo, no barrio de Flores.
Todos sabemos as cousas que se contan sobre o barrio do Angel Gris.
E, aínda que convén desconfiar de calquera testemuño respecto diso, é case un feito que os Homes Sensibles fan alarde de lembralo todo e adoitan exercitarse en lances tan complicados como a táboa do 113.
Isto pode sorprender a quen han oido que os Homes Sensibles de Flores foxen das precisións cientificas como da peste e son mais ben proclives á improvisacion.
Pero tambien ocorre que estes espiritus atorrantes odian a morte e sospeitan que o que se esquece, morre.
Por iso non é raro atopar nos atardeceres da rúa Artigas aos raparigos sombrios memorizando versos murgueros , lembrando a formacion de Boca en 1955 ou repetindo en voz baixa a lista de asistencia do colexio secundario.
Estan rescatando cousas da morte. Á súa maneira, son salvadores.
Entre tanton inimigos como teñen os Homes Sensibles, áchanse os Amigos do Esquecemento, organizacion con sede en Caballito, que propugna a abolicion do recordo, segun din porque doe.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario