391.- O poeta non pode pór de manifesto coas súas palabras a verdadeira figura dos membros que compoñen un todo; o pintor, en cambio, mostra as cousas con toda a realidade posible na natureza.
Acontécelle ao poeta como ao músico, que canta el só un anaco composto para catro voces: empeza pola voz de soprano, segue coa de tenor, coa de contralto e a de baixo; pero desta sucesión de voces non resultará a graza da proporcionalidade harmónica, que está encerrada en tempos armónicos. E fai o tal poeta coma se mostrase un rostro fermoso, parte por parte; non podendo así comunicarnos unha impresión satisfactoria da súa beleza, que consiste ante todo na divina proporcionalidade desas partes, as cales, só obrando en conxunto, producen o sublime acordo que extasía ao contemplador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.