22 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Terceira entrega.

Que interesante, di Duchamps. Polo que parece, ese exfutbolista non estaba tan limpo como cre todo o mundo. As primeiras follas falan dunha rede de amaños de partidos profesionais con máis de vinte persoas implicadas; entre elas está o presidente da federación de fútbol do país. Non deberían tardar en caer os primeiros implicados nas próximas semanas. De todos modos, non responde á pregunta de por que acabou asasinado. Estaría apunto de contar todo ás autoridades sobre os amaños? A saber.

O detective pousa o cartafol sobre a mesa e inclínase coa cadeira cara atrás. Está a pensar en sitios que visitar para obter máis información. Agora mesmo, achegarse ás oficinas da federación non é a mellor idea. Hai que evitar que comecen a sospeitar que andan detrás deles. Escoitou que dentro de dous días van celebrar unha pequena festa na mansión do actor asasinado para homenaxealo. Sería interesante achegarse por alí e facerlle preguntas á viúva. Pero antes haberá que mercar un traxe para ir sen levantar sospeitas entre os invitados.

Son as cinco da tarde e Duchamps está a pasear polas rúas da Vaillard, ollando as tendas en busca boas ofertas en traxes. Hai que vestir de etiqueta pero se o podo facer sen prenderlle lume á carteira moito mellor, pensa. Párase de súpeto diante dunha tenda. Righties chámase esta. O escaparate está cheo de ofertas, pero non hai traxes á vista. Non se perde nada por preguntar dentro. Pasa adentro e achégase ao mostrador.

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.