21 de xaneiro de 2020

DEZ MANDAMENTOS PARA ESCRIBIR CON ESTILO

DEZ MANDAMENTOS PARA ESCRIBIR CON ESTILO
FRIEDRITCH NIETZSCHE

1. O que importa máis é a vida: o estilo debe vivir.

2. O estilo debe ser apropiado á túa persoa, en función dunha persoa determinada á que queres comunicar o teu pensamento.

3. Antes de tomar a pluma, hai que saber exactamente como se expresaría de viva voz o que se ten que dicir. Escribir debe ser só unha imitación.

4. O escritor está lonxe de posuír todos os medios do orador. Debe, pois, inspirarse nunha forma de discurso moi expresiva. O seu reflexo escrito parecerá de todos os xeitos moito máis apagado que o seu modelo.

5. A riqueza da vida tradúcese pola riqueza dos xestos. Hai que aprender a considerar todo como un xesto: a lonxitude e a cesura das frases, a puntuación, as respiracións; Tamén a elección das palabras, e a sucesión dos argumentos.

6. Coidado co período. Só teñen dereito a el aqueles que teñen a respiración moi larga falando. Para a maior parte, o período é tan só unha afectación.

7. O estilo debe mostrar que un cre nos seus pensamentos, non só que os pensa, senón que sente.

8. Canto máis abstracta é a verdade que se quere ensinar, máis importante é facer converxer cara a ela todos os sentidos do lector.

9. O tacto do bo prosista na elección dos seus medios consiste en aproximarse á poesía até rozala, pero sen franquear xamais o límite que a separa.

10. Non é sensato nin hábil privar ao lector das súas refutaciones máis fáciles; é moi sensato e moi hábil, pola contra, deixarlle o coidado de formular el mesmo a última palabra da nosa sabedoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.